Igrexa Monacal de San Xulián de Moraime
Igrexa No Camiño de Santiago
Que visitar>Patrimonio cultural> Relixioso
Costa da morte> A Coruña> Muxía
Parroquia : Moraime (San Xulián)
Lugar : Moraime
15125 Muxía - A Coruña
Descrición
Construída no s. XII coas doazóns de Alfonso VII. Ten nave de planta basilical e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha portada, protexida por un pórtico, con tres arquivoltas semicirculares dispostas radialmente, apoiadas sobre tres pares de columnas acodilladas nas xambas. Na primeiro arquivolta aparecen vinte e seis personaxes, na segunda quince e na terceira catorce. Hai varias estatuas columna. O tímpano acolle varias figuras que representan personaxes bíblicos e na clave aparece O Salvador. Flanqueando este conxunto están dous rosetones e dúas ventás. Na portada meridional aparece representada a Última Cea no tímpano. Dúas torres desiguais, a de maior altura está coroada por unha lanterna hexagonal.
Ten retablos, imaxes e pinturas, que representan os sete pecados capitais, no interior. Declarado Conxunto Histórico-Artístico. Foi un antigo mosteiro benedictino.
Acceso
Dende a capital municipal, toma rumbo a Os Muíños. A tres km á dereita está a igrexa.
Accesibilidade: a pé, en coche ou autobús.
Distancia a cidades
A Coruña : 85 Km | Santiago de Compostela : 74 Km | Ferrol : 137 Km | Lugo : 181 Km | Ourense : 185 Km | Pontevedra : 114 Km | Vigo : 148 Km |
Distancia medios de transporte
Estación de autobuses : 74 Km | Aeroporto : 84 Km | Estación de tren : 74 Km
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía
|